Modern Vampires of the City

Modern Vampires of the City
Álbum de Vampire Weekend
Gravación2011 - 2013
Estudio(s)Vox Recording Studios, Hollywood; SlowDeath Studios, Nova York
Duración42:54
Xénero(s)indie rock
Selo(s)XL Recordings
Producido porRostam Batmanglij, Ariel Rechtshaid
Cronoloxía
Contra Modern Vampires of the City -

Modern Vampires of the City é o terceiro álbum da banda estadounidense de indie rock Vampire Weekend, publicado o 14 de maio de 2013 a través do selo XL Recordings. Tras a edición no ano 2010 de Contra, o grupo saíu de xira e compuxo novo material durante as probas de son. Tras un período no cal os seus membros adicáronse a outros proxectos musicais, reagrupáronse e comezaron a traballar no seu terceiro traballo en 2011.

Modern Vampires of the City é un intento da banda de distanciarse do son co que se lle asociou tras o lanzamento dos seus dous primeiros discos. En gran parte experimental, o son do álbum é resultado de distintas técnicas de gravacións pouco convencionais, como o pitch shifting. A portada é unha fotografía de 1966 de Neal Boenzi do día con máis contaminación no aire de Nova York, no que a polución matou polo menos a 169 persoas.

Modern Vampires of the City estreouse no número 1 da lista Billboard 200 tras vender 134.000 copias na súa primeira semana, converténdose no segundo álbum consecutivo do grupo en acadar esa posición. A publicación online Pitchfork Media elixiu este traballo como o mellor álbum do ano 2013.[1] En outubro de 2019 Pitchfork situou o disco no número 7 da súa lista dos 200 mellores álbums da década de 2010.[2]

  1. Pitchfork Media (ed.). "50 mellores álbums do 2013 para Pitchfork". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2014. 
  2. "The 200 Best Albums of the 2010s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-27. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy